Resultados

O éxito de polinización é medido pola relación número de froitos entre número de flores. Así, un éxito total sería un valor de 1: todas as flores da planta convértense en froitos. Porén, un valor de 0 indicaría que ningunha flor da planta se transformou en froito.

A media do éxito de polinización de cada especie resúmese na seguinte gráfica .


A media de éxito de polinización de O. mascula para á nosa área de estudo foi de 12,04 %. Isto estaría dentro da media proposta por Pérez Chiscano e colaboradores (1991), e que varía entre un 9 e un 25 % en Europa.

Non parece existir ningunha correlación entre o número de flores e o éxito de polinización para A. anthropophorum  e O. mascula, o contrario o que esperabamos. Porén, en O. sphegodes existe unha correlación maior porque existe maior éxito a menor número de flores.

A priori, podería parecer que tería que haber relación entre o número de flores e o éxito de polinización, xa que a maior número de flores os insectos polinizadores sentiríanse máis atraídos polas plantas máis grandes, ou o que é o mesmo, coas que teñen máis flores. Pensamos que esta falta de correlación pode deberse a que os insectos visitan unhas cantas flores dunha planta independentemente do número de flores que teña, é dicir, que non por ter máis flores a planta, o insecto visite máis flores.

Aroma, P° de la Castellana 79, Madrid, 28046, (+34) 947 002 963
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar