Resultados
O éxito de polinización é medido pola relación número de froitos entre número de flores. Así, un éxito total sería un valor de 1: todas as flores da planta convértense en froitos. Porén, un valor de 0 indicaría que ningunha flor da planta se transformou en froito.
A media do éxito de polinización de cada especie resúmese na seguinte gráfica .
![](https://1550b1b437.cbaul-cdnwnd.com/535f1c098fe7fbab223d7193f618ef46/200000010-b755db851d/exito%20de%20polinizacion.jpg?ph=1550b1b437)
A media de éxito de polinización de O.
mascula para á nosa área de estudo foi de 12,04 %. Isto
estaría dentro da media proposta por Pérez Chiscano e colaboradores (1991), e
que varía entre un 9 e un 25 % en Europa.
Non parece existir ningunha correlación entre o número de flores e o éxito de polinización para A. anthropophorum e O. mascula, o contrario o que esperabamos. Porén, en O. sphegodes existe unha correlación maior porque existe maior éxito a menor número de flores.
![](https://1550b1b437.cbaul-cdnwnd.com/535f1c098fe7fbab223d7193f618ef46/200000011-08646095d4/correlaci%C3%B3n%20aceras.jpg?ph=1550b1b437)
![](https://1550b1b437.cbaul-cdnwnd.com/535f1c098fe7fbab223d7193f618ef46/200000012-3e6923f641/correlacion%20orchis.jpg?ph=1550b1b437)
![](https://1550b1b437.cbaul-cdnwnd.com/535f1c098fe7fbab223d7193f618ef46/200000013-89f8f8beb7/ophrys%20correlacion.jpg?ph=1550b1b437)
A priori, podería parecer que tería que haber relación entre o número de flores e o éxito de polinización, xa que a maior número de flores os insectos polinizadores sentiríanse máis atraídos polas plantas máis grandes, ou o que é o mesmo, coas que teñen máis flores. Pensamos que esta falta de correlación pode deberse a que os insectos visitan unhas cantas flores dunha planta independentemente do número de flores que teña, é dicir, que non por ter máis flores a planta, o insecto visite máis flores.