Material e métodos
![](https://1550b1b437.cbaul-cdnwnd.com/535f1c098fe7fbab223d7193f618ef46/200000009-835758451f/orchis%20mascula%20froitos.jpg?ph=1550b1b437)
A zona na que se leva a cabo a toma de mostra é a Serra do Courel, en concreto na parroquia de Noceda, a uns 1 000 m de altitude aproximadamente e cun solo calcáreo. Atopamos as 3 especies, A. anthropophorum, O. mascula e O. sphegodes na mesma ladeira, polo que as 3 atopánse nas mesmas condicións ambientais.
Os materiais empregados na toma de mostras foron simplemente lápis e papel.
O método que estamos utilizando para identificar o éxito acadado na polinización das orquídeas é contar as flores que ten a planta, e contar cales delas se transformaron en froito. Para iso fomos en dous momentos distintos, xa que O. mascula florece uns 15 días antes que as outras dúas.
Fomos a Noceda os días 20 de maio de 2015 e 12 de xuño de 2015.
Fixemos unha análise estatística con datos que conseguimos tras a observación das orquídeas utilizando o programa Microsoft Excell 2007.