Introdución

As orquídeas son unha familia de plantas que pertencen ás monocotiledóneas[1]. O número de especies no mundo é de 25 000; en Galicia atópanse 40 especies. Estas plantas sempre chamaron a atención polo seu atractivo e, de feito, este atractivo é o que fai que sexan arrincadas para levar ás casas como elemento decorativo, e que se comercialicen nas florarías.

A serra do Courel, onde se atopa localizado o noso centro escolar, é unha zona privilexiada por moitos motivos, sendo un deles que é un área interesante para orquídeas, debido á presenza de rochas calcarias, ó clima de transición (eurosiberiano e mediterráneo), e ás grandes diferenzas altitudinais.

As flores das orquídeas son estruturas moi especializadas na reprodución sexual, sendo obxecto de estudo pol@s botánic@s as adaptacións e a coevolución destas flores cos seus polinizadores. A polinización (transporte dos grans de pole ata o estigma) é preferiblemente cruzada. Para conseguir que o pole dun individuo chegue a outros, as orquídeas atraen aos polinizadores de diferentes xeitos. Entre eles destacamos:

1. A produción de recompensas, tales como o néctar (líquido doce), para os insectos polinizadores.

2. Mimetismo, é dicir, imitar flores de familias que ofrecen recompensas como labiadas ou fabáceas. Isto consideráse un engano e supón un funcionamento máis complexo. Os posibles polinizadores "timados" soen ser insectos con pouca experiencia (recén emerxidos), xa que despois de varias visitas xa aprenden a recoñecelas.

3. Outro tipo de engano é imitar a unha femia para atraer a polinizadores machos. Non só imitan a coloración, senón que nalgúns casos compleméntase coa emisión de substancias olorosas similares a feromonas. Os machos, ao intentar a cópula, levan os grans de pole adheridos.

Existen outros tipos de mecanismos para favorecer a polinización, como a captura, pero non se atopan en Galicia.

O noso estudo centráse precisamente nisto, na polinización. Escollemos 3 especies, cada unha delas con un método de polinización diferente. Co 1º método, Aceras anthropophorum; co 2º, Orchis mascula e co 3º, Ophrys sphegodes.


[1]As anxiospermas divídense en dous grandes grupos : monocotiledóneas e dicotiledóneas, segundo a estrutura do embrión.

Aroma, P° de la Castellana 79, Madrid, 28046, (+34) 947 002 963
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar